![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0e6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/54e4942849-dsc_2070b-1024x468.jpg)
© Plataforma de afectados de Afinsa y Forum Filatélico
Os afectados pola estafa de Afinsa e Forum Filatélico concentraránse diante da Subdelegación do Goberno
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A plataforma unitaria Solución, Forum, Afinsa y Arte y Naturaleza, impulsada por ADICAE e a Federación de Clientes de Afinsa e Forum Filatélico convocou unha concentración para este xoves 19 de febreiro ás 12:00 horas diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
En novembro de 2014, o Congreso dos Deputados aprobou unha proposición non de lei instando ao Goberno a avaliar a situación e a posible adquisición aos afectados das súas débedas, dado o alcance do fraude e a ausencia de solución tras mais de 8 anos desde o estoupido do caso.
Tras a aprobación por unanimidade da proposta de solución da compra do ICO dos dereitos dos afectados de Forum, Afinsa y Arte y Naturaleza, dende esta plataforma entenden que é o momento de que o Goberno desenvolva e aplique medidas necesarias para a recuperación dos aforros dos estafados.
Cabe recordar que esta foi a primeira estafa que saltou á luz froito da burbulla financeira e o modelo de especulación que viviu a economía na primeira década do século.
Marea Pontevedra apoia as demandas das persoas afectadas por esta estafa de propor unha mesa de negociación e diálogo composta polos grupos parlamentarios, o Goberno Central e representantes dos afectados.