Acuaes recibe 37 ofertas para as obras de mellora do abastecemento a Marín
Por Redacción
A sociedade estatal Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, recibiu 37 ofertas para a execución das obras do Eixe de Marín, que forman parte da actuación de "Mellora do abastecemento de auga a Pontevedra e a súa Ría", cuxo investimento total ascende a 39,9 millóns de euros.
As obras, cun orzamento de licitación de 5,4 millóns de euros, consisten na construción de dous novos tramos de distribución de auga, un tramo de aducción ao novo depósito a executar en Pardavila, de 2.000 metros cúbicos de capacidade, e un segundo tramo de conexión coa rede existente de Marín.
O tramo de aducción ten a súa orixe na última fase da obra correspondente ao proxecto do novo abastecemento de auga a Pontevedra e a súa ría correspondente á marxe esquerda, que actualmente atópase en execución. A lonxitude total é de 4.216 metros e un diámetro de 400 milímetros.
O tramo de distribución, de 3.475 metros de lonxitude e un diámetro de 400 milímetros, iníciase no depósito de Pardavila e finaliza na rede de abastecemento de Marín, nas proximidades de Seixo.
O proxecto inclúe tamén a conexión do depósito de Cadrelo coa rede existente e a dotación dun sistema de telexestión mediante a implantación de equipos remotos situados en distintos puntos da rede de abastecemento, que permitirán un coñecemento, en tempo real, dos parámetros de control da rede e a toma de decisións para a optimización da subministración de auga potable.
As obras serán financiadas nun 85% polo Ministerio a través de Acuaes e coa axuda dos Fondos FEDER da Unión Europea, e no 15% restante polos cinco concellos beneficiados (Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Marín e Vilaboa).
A actuación de "Mellora do abastecemento de auga a Pontevedra e a súa ría" divídese en dous proxectos: a marxe esquerda (concellos de Pontevedra, Vilaboa e Marín) en execución, e a marxe dereita (concellos de Pontevedra, Poio e Sanxenxo), cuxas obras están finalizando.
Relacionadas:
-
Acuaes adxudica por 3,3 millóns de euros as obras de mellora do abastecemento a Marín
Por Redacción |
-
Licitan as obras en Marín para a mellora do abastecemento de auga a Pontevedra e a súa Ría
Por Redacción |
-
Aproban o proxecto das obras que afectan a Marín do novo abastecemento de auga
Por Redacción |