A 'Plataforma de apoio á industria' traslada a María Ramallo a súa preocupación polo futuro do Porto
Por Redacción
O presidente da 'Plataforma de apoio á industria en Pontevedra', José Manuel Sánchez Pérez, acompañado polo vicepresidente Agustín Nogueira e pola secretaria do colectivo, Belén González, encabezaron a representación desta plataforma na reunión que mantiveron durante a mañá deste xoves 12 de febreiro no Concello de Marín coa alcaldesa María Ramallo, que os recibiu acompañada polo concelleiro delegado de Urbanismo e Facenda, Manuel Santos.
Os empresarios manifestaron a súa preocupación polo futuro do Porto de Marín tras a obriga de cumprir a sentenza que obriga ao derrubamento dos recheos nos que se encontran diversas naves de diferentes empresas.
A plataforma tamén quixo trasladar o seu temor pola situación da contorna e, en concreto, polo futuro da empresa Ence que, segundo entenden, xeraría en caso de que non puidese continuar coa súa actividade un grave problema tanto para o Porto de Marín en relación coa actividade de tráficos que promove coma coa perda de empregos, que afectan a todo o tecido empresarial e industrial que rodea á fábrica pasteira.
O presidente deste colectivo recordou que queren que as administracións sexan claras e se impliquen na defensa "sen fisuras" da actividade empresarial. A plataforma destaca que queren reactivar a economía local ,que depende en moitos aspectos da actividade portuaria, e xerar novos proxectos industriais e empresariais.
Relacionadas:
-
Piden ao Concello de Marín un pleno monográfico para abordar o futuro do porto
Por Redacción |
-
A 'Plataforma de apoio á industria' traslada ao Porto "todo nuestro apoyo" en relación aos recheos
Por Diego Espiño |
-
Jacobo Moreira desvelará en marzo a súa postura "contundente" sobre o futuro de ENCE
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Alertan da desaparición industrial da comarca por "un sentido del medio ambiente mal entendido"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Oito empresarios pontevedreses conflúen nunha plataforma para "reactivar a economía local"
Por Redacción |