A 'Plataforma de apoio á industria' traslada ao Porto "todo nuestro apoyo" en relación aos recheos
Por Diego Espiño
A Autoridade Portuaria de Marín-Ría de Pontevedra recibiu este luns a visita da 'Plataforma de apoio á industria en Pontevedra', quen quixo expresar o presidente do Porto, José Benito Suárez Costa, "todo nuestro apoyo a los problemas que están surgiendo con los rellenos".
Os empresarios mostraron a súa preocupación por este aspecto e casos concretos como o de Cabomar Congelados, nave sobre a que pesa unha orde de demolición.
Segundo recoñeceu o vicepresidente da plataforma, Agustín Nogueira, "Cabomar es una de las razones por la que hemos creado la plataforma".
Nogueira defendeu a actividade desta empresa, ao igual que Suárez Costa, quen asegurou non acabar de entender os problemas que rodean esta nave.
Suárez Costa: "¿Quién está detrás para que esta empresa (Cabomar) se vaya de ahí?"
Segundo o presidente da Autoridade Portuaria Cabomar está situada nuns terreos anteriores ao Plan Especial do Porto, conta con licenza de actividade outorgada polo Concello e "da entre 200 y 300 puestos de trabajo directo".
"¿Quién está detrás para que esta empresa se vaya de ahí?" preguntouse o dirixente portuario antes de asegurar que "hay alguien que está en contra de una empresa tan importante".
A reunión tamén xirou en torno á situación do tecido empresarial en toda a bisbarra e o tráfico de mercadorías no Porto, que chegan case a "dos toneladas" anuais, das cales "Ence puede soponer sobre el 25%", recoñeceron ante os medios de comunicación.
Relacionadas:
-
O TSXG denega outro intento da Avogacía do Estado para evitar os derrubamentos do porto de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Piden ao Concello de Marín un pleno monográfico para abordar o futuro do porto
Por Redacción |
-
O Concello de Marín ratifica a licenza municipal outorgada a Cabomar
Por Redacción |
-
Lores e a plataforma de empresarios pro-industria, de acordo nun 95%: "o outro 5% é ENCE"
Por Alejandro Espiño |
-
A Plataforma dos Praceres pide o cesamento da actividade da nave de Cabomar Congelados
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
A 'Plataforma de apoio á industria' traslada a María Ramallo a súa preocupación polo futuro do Porto
Por Redacción |