Detido un mozo por roubar un maxicosi e un carriño de bebé do interior dun vehículo
Por Redacción
Un mozo de 19 anos de idade, con domicilio en Pontevedra, con antecedentes policiais, foi detido como presunto autor dun delito de roubo con forza no interior dun vehículo.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría Provincial de Pontevedra, os feitos sucederon o día 20 de xaneiro, cando presentaba denuncia nestas dependencias o propietario dun vehículo estacionado nun garaxe comunitario, que fora forzado.
Tras forzar o portón traseiro do vehículo o individuo apoderouse de varios efectos de neno como un carriño de bebé, un maxicosi, un alzador e outros obxectos.
A raíz da denuncia iniciáronse as xestións para tratar de descubrir a identidade do autor do roubo con forza. Unha vez localizado procedeuse á súa detención o día 5 de febreiro ás 18.45 horas da tarde por un delito de roubo con forza en interior dun vehículo.