'El Pastelero' sae da cárcel tras pagar unha fianza de 200.000 euros
Por Redacción
ÿscar Manuel Rial Iglesias, coñecido como 'El Pastelero', está na rúa pouco máis dun mes despois de ingresar en prisión provisional imputado por un delito de branqueo de capitais e delito fiscal. Para conseguilo tan só tivo que pagar unha fianza de 200.000 euros.
O suposto narcotraficante aboou esta cantidade ante o Xulgado Mixto número 3 de Vilagarcía de Arousa en virtude do auto ditado nos últimos días pola Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra. Os maxistrados mantiñan a medida preventiva, pero establecían que sería eludible se pagaba a citada cantidade.
Agora que está en liberdade, iso si, deberá comparecer ante o Xulgado os días 1 e 15 de cada mes e non poderá saír do territorio español, de modo que se lle retivo o pasaporte, segundo consta no auto emitido pola Audiencia.
O tribunal emitiu outro auto en iguais termos en relación co avogado de 'El Pastelero'', J. R. G. C., detido na mesma operación contra o branqueo de capitais que el e tamén en prisión provisional dende decembro por, presuntamente, ter colaborado co suposto narcotraficante para darlle cobertura legal ao entremado de branqueo de capitais que establecera.
Na operación na que caeron ambos os dous a Brigada de Branqueo da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais (UDEF) da Policía Nacional tamén detivo a outras seis persoas con distinta implicación nunha organización que podería ter branquexado 1,1 millóns de euros a través da compra de propiedades como un chalé en Vilagarcía e unha nave en Caldas de Reis, adquisicións que se terían feito a través de sociedades presuntamente vinculadas ao seu avogado en Madrid e tamén imputado.
Relacionadas:
-
'El Pastelero' deixa de ser un dos capos máis escorregadizo: estrea condena por delito fiscal
Por Redacción |
-
'El Pastelero' aceptará a súa primera condena, pero non por narcotráfico, senón por delito fiscal
Por Natalia Puga |
-
'El Pastelero' poderá eludir a prisión por branqueo de capitais cunha fianza de 200.000 euros
Por Natalia Puga |
-
'El Pastelero' ingresa en prisión por branqueo de capitais
Por Natalia Puga |