Os albergues do Camiño Portugués incrementaron o número de pernoitas en 2014
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A rede pública de albergues do Camiño Portugués, xestionada por Turismo de Galicia, experimentou durante 2014 un incremento no número de pernoitas alcanzando a cifra de 48.230 ao longo do ano. Trátase dun aumento dun 1,94% respecto ás cifras rexistradas durante 2013.
As rutas que expermientaron un maior crecemento no que a número de pernoitas refírese foron, xunto ao Camiño Portugués, a do Camiño Inglés, cun incremento do 61,08% e o Camiño Norte, que aumentou nun 5,68%.
O Camiño Portugués ofrece 10 aloxamentos públicos, entre os que se encontra o de Pontevedra, que ofrecen un total de 441 prazas para pasar a noite.
Durante o pasado ano tamén se rexistrou un aumento do número de peregrinos. Recolleron a Compostela un total de 35.491 peregrinos procedentes do Camiño Portugués, un 20,1% máis que no 2013.
Turismo de Galicia afirma que se está a apostar firmemente por esta ruta e proxecta a revitalización, conservación e dinamización deste percorrido. Por ese motivo, promove a constitución dunha mesa de traballo permanente do Camiño Portugués que teña como obxectivo potenciar a ruta e o traballo coordinado entre as administracións locais, provincial e autonómica.
Relacionadas:
-
Queren que o Camiño Portugués tamén sexa recoñecido como Patrimonio Mundial da Humanidade pola Unesco
Por Oskar Viéitez |
-
O Albergue de Peregrinos agarda un novo cheo para esta Semana Santa
Por Redacción |
-
Chapa e pintura para o albergue
Por Redacción |
-
As obras de mellora do Camiño Portugués no municipio de Pontevedra, case a punto
Por Redacción |