O Albergue de Peregrinos agarda un novo cheo para esta Semana Santa
Por Redacción
Os peregrinos volverán encher o Albergue 'Virxe do Camiño' situado nas proximidades da Estación de Tren durante esta Semana Santa, segundo anunciou o presidente da Fundación Camiño de Santiago, Celestino Lores, tras asinar un convenio coa concelleira de Turismo de Pontevedra, Carlota Román. Está tamén previsto que se ocupe o polideportivo da Xunqueira para todos aqueles visitantes que non conten con espazo durante eses días no albergue pontevedrés.
Está prevista principalmente a presenza de peregrinos procedentes de Portugal. Neste sentido, Carlota Román indicou que o Eixo Atlántico, o organismo supramunicipal que agrupa concellos galegos e portugues, traballa para poñer o Camiño Portugués ao mesmo nivel do Francés. A concelleira apuntou que os concelleiros de turismo portugueses se encontran moi involucrados e aposta porque Pontevedra se converta na capital do Camiño Portugués para aproveitar esa marca turística.
O convenio asinado supón unha achega municipal para a Fundación de 8.000 euros para realizar diferentes actividades de peregrinación a pé polo Camiño Portugués da Costa, ademais da Gala da Camelia e a programación do XIV Encontro de Hospitaleiros, que se desenvolverá en setembro.
Relacionadas:
-
1.465 peregrinos chegaron a Santiago polo Camiño Portugués esta Semana Santa
Por Redacción |
-
A mellor Semana Santa dos últimos anos para o sector turístico
Por Oskar Viéitez |
-
O Camiño Portugués presume das súas camelias reais e pictóricas
Por Redacción |
-
Os albergues do Camiño Portugués incrementaron o número de pernoitas en 2014
Por Redacción |
-
Chapa e pintura para o albergue
Por Redacción |