Na Lama... había neve!
Por Mónica Patxot
Tardou en chegar, pero unha das estampas máis típicas do inverno pontevedrés xa está aquí. Varias parroquias da Lama como Xesta ou Pigarzos espertaron este venres baixo un manto branco. As baixas temperaturas das últimas horas provocaron a primeira nevada do ano na provincia de Pontevedra.
Non houbo tanta, en todo caso, á que se rexistrou nos concellos de Lalín, Dozón ou Rodeiro, onde 218 alumnos de cinco colexios quedaron sen clase ao suspenderse o servizo de transporte escolar. Aínda así foi suficiente para que os veciños da Lama puidesen gozar da neve por primeira vez neste 2015.
A neve chegou nun día na que a cota de neve, segundo informa Meteogalicia, baixou ata os 600 metros en toda a comunidade. Todo iso provocado por un forte descenso das temperaturas, especialmente das mínimas. No caso da Lama, os termómetros chegaron a situarse mesmo por debaixo dos cero graos centígrados que se esperaban.
Para este sábado, aínda que se manterán estas baixas temperaturas, non se esperan máis nevadas neste municipio pontevedrés. A cota de neve, segundo as previsións meteorolóxicas, situarase por enriba dos 1.000 metros.