Restricións de circulación na ponte dos Tirantes durante boa parte do luns 12
Por Redacción
As obras de pintado dos carrís da ponte dos Tirantes ocasionarán restricións de circulación durante a xornada do luns 12 de xaneiro.
Os traballos obrigarán a cortar o carril de saída da cidade, habilitándose o dobre sentido polos carrís de entrada.
Esta situación provocará tamén o estreitamento das dúas glorietas da ponte para que se poidan realizar correctamente os xiros de entrada e saída.
Ademais a Pplicía Local de Pontevedra informa de que se procederá ao desvío de circulación para os vehículos de máis de 7,5 metros de lonxitude, que terán prohibido o seu paso pola ponte.
As restricións iniciaranse ás 9:30 horas, prologándose segundo as previsións ata última hora da tarde.