Comeza a instalación doutros dous novos pasos elevados na avenida de Compostela
Por Redacción
O Concello de Pontevedra retomará este xoves os traballos de remodelación da avenida de Compostela coa creación de dous novos pasos de peóns sobreelevados entre as glorietas de Pasarón e do Pavillón de Deportes.
A instalación dos pasos de peóns farase, primeiro, nos carrís de entrada á cidade, e posteriormente continuarán no outro sentido.
Os traballos comezarán o 8 de xaneiro, a partir das 09.30 horas e implicará o peche dun dos dous carrís de entrada á cidade no citado tramo, pero non implicará restriccións especiais de tráfico.
Antes do Nadal, a empresa que executa estes traballos xa deixou as beirarrúas preparadas para poder comezar nesta semana a instalación dos pasos elevados, uns traballos que se prolongarán durante uns días.
Relacionadas:
-
Tras o Nadal, volven as obras a Pontevedra
Por Redacción |
-
Obras de mellora da accesibilidade na Seca e na avenida de Compostela
Por Redacción |
-
Peche dun carril na Ponte de Santiago e reapertura do tráfico na avenida de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Comenzan as obras de reforma e mellora da mobilidade da Avenida de Compostela
Por Redacción |