Investigan un apuñalamento no interior dun piso da rúa Javier Puig
Poucos datos se coñecen aínda do apuñalamento que se produciu na noite deste xoves 1 de xaneiro no interior dun piso situado na rúa Javier Puig. Un home encóntrase en estado moi grave tras ser agredido por outra persoa, que xa foi detida por axentes da Policía Nacional.
O suceso produciuse pasadas as 23.00 horas. A vítima foi trasladada por unha UVI móbil ao Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, onde está a ser operado de urxencia.
Pouco despois os axentes sacaban do domicilio onde se produciu o apuñalamento ao presunto autor dos feitos, outro varón. No seu caso, foi conducido a dependencias policiais para ser posteriormente posto a disposición xudicial.
A rúa Javier Puig, situada nas inmediacións de San Antoniño, foi cortada ao tráfico ata que a Policía Nacional detivo o suposto agresor.
Efectivos da Policía Científica estiveron durante bastante tempo no interior do piso, facendo fotos da escena do crime e recompilando probas que axuden a resolver o caso.