As temperaturas extremas obrigan a activar o protocolo de emerxencia por frío
Por Redacción
Dende este martes 30 de decembro e ata novo aviso queda activado en Pontevedra o protocolo de emerxencia por frío. A activación veu motivada polas baixas temperaturas rexistradas nas últimas horas e previstas para os vindeiros días, que deixaron temperaturas mínimas de 1 grao na estación meteorolóxica de Meteogalicia en Lourizán e de ata 1,8 grados baixo cero en Rebordelo (Cotobade).
O protocolo implica estar alerta ante a posible emerxencia tendo en conta a previsión meteorolóxica e mantén en alerta á Policía Local, a Concellaría de Benestar Social Municipal e responsables dos sevizos sociais e da Casa Azul.
A Policía Local e Protección Civil terán especial protagonismo detectando os posibles casos con graves dificultades, recomendando o traslado a un centro sanitario ou a un albergue se fose necesario.
Durante os días en que se manteña activado, deberán usarse os albergues de Cáritas en Monte Porreiro (rúa Irlanda, teléfono 986 896 208) e Calor y Café (rúa Casimiro Gómez 21, teléfono 986 107 472). Cando os albergues estean completos, avisarase a Policía Local (986 833 080) e a Protección Civil (986 871 188) para que deriven as persoas que o desexen á Pensión Santa Clara. Ata agora derivábanse ao hostal Peregrino, pero este é o primeiro ano en que se cambia o aloxamento.