Star Servicios elimina unilateralmente os días de vacacións ás limpadoras do Campus
Por Oskar Viéitez
A empresa Star Servicios, contratada para realizar a limpeza das instalacións da Universidade de Vigo, comunicou ás súas traballadoras vía carta certificada que non poden gozar dos días de descanso recollidos no convenio.
Historicamente o equipo desta empresa sempre tomaban vacacións por quendas durante as festas de Nadal porque a activade nos centros educativos baixaba moito.
Como medida de protesta este martes as traballadoras protagonizaron unha concentración ante a fachada principal da Facultade de Ciencias Sociais no Campus de Pontevedra para reclamar estes días de descanso para o ano que vén.
Foi á hora do bocadillo, e nela participaron representantes dos tres sindicatos Comisións Obreiras, UGT e CIG que a pasada semana mantivo unha reunión coa dirección da empresa.
Entre outros estaban os secretarios comarcais de UGT e Comisións Obreiras, Ramón Vidal e José Luis García Pedrosa, a secretaria comarcal de CIG-Servizos de Pontevedra, Diana Rodríguez e o responsable da área de Servizos de Limpeza de UGT Galicia, Carlos Corredoira.
En total son 22 traballadoras as afectadas por esta decisión unilateral da empresa.
Para o próximo dia 5 ás 10:00 horas haberá unha nova mobilización ante a Facultade de Forestais.