As panxoliñas reclaman o seu protagonismo co XIII festival organizado pola Coral de Poio
Por Redacción
A Coral de Poio volve poñer en marcha unha nova edición dun dos eventos máis tradicionais do Nadal no municipio. O vindeiro domingo 14 de decembro celebrarase o décimo terceiro Festival de Panxoliñas, que volverá contar coa colaboración da concellaría de Cultura do Concello de Poio.
O certame, que se ven organizando dende o ano 2001, terá lugar na igrexa parroquial do Divino San Salvador de Poio, as 18:00 horas.
Este ano, as corais participantes, que interpretarán un repertorio de panxoliñas e temas tradicionais do Nadal, serán a coral Voces amigas de Mourente (Pontevedra), a Coral Virxe do Carme de Porto do Son (A Coruña) e a Coral de Poio.
Está presentado por José Barragáns Muñiz e a súa entrada é libre.