14 artistas do comic, contra a violencia de xénero no Museo Manuel Torres
Por Redacción
O Museo Manuel Torres inaugurou unha exposición titulada Cartas de Amor: 14 artistas contra a Violencia de Xénero, organizada pola concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Marín en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade.
A exposición é unha mostra do cómic galego sobre a violencia de xénero e estará exposta no Museo ata o 15 de decembro para os Institutos de Ensinanza Secundaria (IES).
A mostra conta con debuxos de artistas de sona como Miguel Calatayud, Patricia Castelao, Fausto Isorna, Pirusca, José Luís Méndez, Jack Mircala ou Javier Olivares.
Leva aparellado un obradoiro onde rapaces e rapazas poderán traballar os diferentes puntos da violencia, impartido por unha profesional que titorizará os contidos da mostra.
Esta exposición estará aberta ao público para calquera persoa que estea interesada.
O museo está aberto de martes a venres de 11:00 a 14:00 e pola tarde de 14:00 a 18:00; e de sábado a luns de 11:00 a 14:00.
Con esta iniciativa, buscan sensibilizar á poboación máis nova sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e polo tanto tamén a eliminala.