Viaqua xestionará as avarías de Poio por teléfono
Por Redacción
A empresa ViAQUA vai por en marcha novas canles de atención non presencial para os veciños de Poio, un servizo personalizado do que se beneficiarán máis de 9.000 clientes para a xestión de incidencias e consultas comerciais.
Segundo informou a compañía, o servizo inaugúrase coa finalidade de prestar unha atención máis personalizada e materializarase na apertura dun Centro de Atención Telefónica de Averías e dun Centro de Atención Telefónica Comercial.
O Centro de Atención Telefónica de Averías xestionará calquera incidencia que se produza no servizo municipal de augas a través do teléfono gratuíto 900 201 250, que estará a disposición dos seus clientes en horario 24 horas
O Centro de Atención Telefónica Comercial permitirá realizar todas as xestións comerciais e administrativas relacionadas co servizo a través do teléfono 902 201 260. Neste caso, terá horario continuado de 8.00 a 21.00 horas e poderá utlizarse tamén a través da oficina virtual de ViAQUA.
A compañía anuncia que se prevé a entrada en servizo do Centro de Atención Telefónica de Averías noutros municipios da provincia durante os próximos meses.