O Venres tolo, a versión caldelana do Black Friday
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas e a asociación de comerciantes Coempo desenvolverán unha serie de actividades co fin de animar os veciños a realizar as súas compras do Nadal. O amplo programa de iniciativas comeza o día 5 de decembro coa celebración do "Venres Tolo", durante o cal os establecementos asociados ofrecerán aos seus clientes unha rebaixa do 20% en todos os seus produtos e servizos.
Así, ao longo desta semana distribuíron, por todo o municipio, carteis rechamantes sobre esta iniciativa que coincide coa celebración do tradicional día de mercado do 5 de decembro co que os comerciantes prevén que esta actividade facilite a compra adiantada dos consumidores para este nadal a prezos moi interesantes.
Esta rebaixa única nos prezos estará vixente para todo o día 5 de decembro naqueles establecementos asociados a COEMPO e aplicarase a todos os artigos e servizos incluídos nesta promoción que, emulando o popular "Black Friday", pretenden servir de elemento corrector da economía local tanto para os comerciantes coma para os propios clientes que se beneficiarán de prezos excepcionais.
ACENDIDO DA ILUMINACIÿN DO NADAL
O Concello de Ponte Caldelas procederá ademais a realizar o acendido da tradicional iluminación do Nadal na tarde-noite deste venres día 5 de decembro nas principais rúas do centro urbano co fin de contribuír, como é costume, ao adorno festivo da vila nestas datas tan sinaladas.
Relacionadas:
-
A Feira de Oportunidades e unha intensa programación de Nadal, bazas do comercio de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
As luces de Nadal en Ponte Caldelas son todas LED
Por Redacción |
-
Concello e comerciantes de Ponte Caldelas reparten máis de 100 quilos de castañas asadas
Por Redacción |
-
Goberno local e comerciantes asinan un convenio para mitigar a crise
Por Redacción |
-
A "Feira do Verdugo" converterá o pavillón de deportes de Ponte Caldelas nun macro centro comercial
Por Redacción |