Unha clienta do supermercado Gadis da avenida de Vigo, premiada con 600 euros
Por Redacción
O delegado provincial de GADISA en Pontevedra, Pablo Louro, entregou este mércores un dos 'tarjetazos' que poñía en xogo a compañía alimenticia. Recibiuno María Aurora Cañizares Malagón, premiada cunha das cinco tarxetas por valor de 600 euros.
En total, no marco desta acción promocional, Supermercados Gadis repartiu un total de 36.500 euros en cheques regalo aos seus clientes de Galicia e Castela e León. Neste sorteo, celebrado ante notario, participaron miles de persoas.
Os premios, repartidos entre 250 gañadores, consistiron en cinco tarxetas por valor de 600 euros cada unha para realizar compras en calquera establecemento comercial, así como 45 vales por importe de 300 euros cada un e 200 vales de 100 euros, que se poden cambiar en calquera dos supermercados Gadis de Galicia e Castela e León.