Rematan as obras de reforma da praza de abastos do concello de Bueu
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Xa están rematadas as obras de reforma da praza de abastos de Bueu de cara a súa modernización.
Os traballos foron cofinanciadas pola Xunta e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia, cun investimento de 177,900 euros.
As obras consistiron na remodelación da estrutura da praza de abastos, así como a renovación do equipamento e material de uso comunitario, bancos e material da zona de vestiarios.
A maiores, tamén se puxeron en marcha actuacións para a dinamización comercial deste mercado a través de mentoring comercial, organización dun mercado temático e organización dun showcooking con produtos do mar.