Os veciños de Forzáns non quedarán paxariño
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Os veciños de Forzáns 'estaban a quedar paxariño' co frío que facía no local social e asi llo dixeron ao alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez. O rexedor tomou nota do recado e este luns comprobou a idoneidade da estufa de pellets para quentar unha superficie próxima aos 180 metros divididos en dúas plantas.
Estes veciños afirmaron que o intenso frío do inverno dificultaba o normal desenvolvemento de actividades neste edificio, non obstante, resolver este problema non foi tan sinxelo pois a instalación da estufa foi sometida a aprobación polo Pleno da Corporación Municipal, e requiriu unha modificación de crédito nos presupostos do Concello.
O Centro Sociocultural de Forzáns reúne todos os sábados e domingos do ano a preto dun centenar de veciños que participan en reunións sociais, conferencias, cursos de formación e convivencia veciñal.