Dous detidos por roubar seis gaitas valoradas en 4.500 euros
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Marín procederon á identificación e detención de dous veciños de Marín, de 40 e 38 anos de idade respectivamente, con antecedentes policiais, como presuntos autores dun delito de furto de seis gaitas no interior dun domicilio.
Os feitos remóntanse ao pasado día 16 de novembro, cando un veciño de Marín interpuxo unha denuncia na Comisaría da Policía Nacional de Marín na que daba conta da subtracción na súa vivenda de seis gaitas, dous do artesán Seivane, unha do artesán Represas e unha asturiana do artesán Vicente Prado, e dúas alemás, todas elas de gran valor, un total de 4.500 euros.
Tras iniciar as investigacións e efectuar as xestións pertinentes, os axentes puideron identificar os presuntos autores da subtracción destas.
Por todo iso, os axentes comezaron os labores de busca dos presuntos autores da subtracción das gaitas que culminaron coa detención de ambos os dous o día 21 de novembro e o seu posterior traslado a dependencias policiais onde foron oídos en declaración por estes feitos.