Asfaltan o camiño que une os núcleos de Baguín e Castro
Por Redacción
Operarios do Concello de Marín procederon nos últimos días á pavimentación do camiño que une os núcleos de Baguín e Castro.
Coa axuda da maquinaria prestada pola Deputación, procedeuse ao seu asfaltado, xa que ata agora era de terra, o que dificultaba o tránsito de vehículos limitándoo a tractores agrícolas e forestais.
Trátase dun camiño que acurta a distancia entre ambos os dous núcleos, polo que é moi usado polos veciños da zona.
Ademais tamén se procedeu ao ensanche da entrada a Castro aproveitando as cesións de terreo dos propios veciños.
Aínda quedan por acometer reparacións puntuais no Camiño do Escorial, segundo avanza o propio Concello.