Os escolares pontevedreses edúcanse na 'Melodía da Igualdade'
Por Mónica Patxot
Coincidindo coa celebración do Día Internacional do Neno a concellaría de Benestar Social del Concello de Pontevedra entregou os premios do concurso 'Melodía da Igualdade'.
Trátase dun concurso organizado xunto á Fundación Meniños destinado a nenos de Infantil e Primaria dos colexios pontevedreses, que debían reflexionar nos seus traballos sobre o dereito á igualdade.
O acto, celebrado no Teatro Principal, pechouse co contacontos 'Antía, Wamba e o regato pequeno', da compañía A Tropa de Trapo, en colaboración co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Os gañadores do concurso foron:
- Categoría 3 anos: Noa Prado Rojas (CEIP Froebel), Adrián Vales Reina (CEIP Froebel), Lucía De Cabo Pintos (CEIP Froebel).
- Categoría 4 anos: Tiago Carballo Varela (CEIP Cabanas), Daniel Ferreira Barcia (CEIP Vilaverde), Miguel Martínez Blanco (CPR Nuestra Señora de los Dolores).
- Categoría 5 anos: Carla González Sartages (CPR Nuestra Señora de los Dolores), Mateo Requejo Giraut (CEIP Vilaverde), Aimee Novegil Paratcha (CEIP Vilaverde).
- Categoría 1º e 2º Primaria: Lúa Couchot Moledo (CEIP Carballeira), Daniel Ortins Méndez (CEIP Álvarez Limenes), Paula Azcueta Vidal (CEIP Marcos da Portela).
- Categoría 3º e 4º Primaria: Candela Lorenzo Loira (CEIP Froebel), André Pazo Domínguez (CEIP Marcos da Portela), Anxo Estévez Carballo (CEIP Froebel).
- Categoría 5º e 6º Primaria: Amanda Fernández Menéndez (CPR Sagrado Corazón), Laura Timmer Hernando (CPR Sagrado Corazón), Rodrigo Eloy Cid Otero (CPR Sagrado Corazón).