O BNG alega ao proxecto do novo colector para que non afecte ao paseo da Avenida de Ourense
Por Redacción
O BNG ven de presentar alegacións ao proxecto denominado, "Mellora do colector xeral e nova impulsión en Marín", incluído no convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta e o Concello de Marín en agosto de 2010 durante o anterior goberno municipal.
O colector xeral de Marín exténdese dende o bombeo do río Lameira ata o bombeo da lonxa, discorre por toda a fachada marítima de Marín ao longo da Avenida de Ourense, e gran parte do seu trazado sitúase dentro do recinto portuario.
A portavoz do BNG, Pilar Blanco sinala que o proxecto que presenta agora a Xunta do PP "só actúa nunha parte do colector que ademais pasará a discorrer polo paseo da Avenida de Ourense".
"Demandamos que se actúe sobre todo o colector, porque os propios estudos de Augas de Galicia recoñecen que é necesario actúar no bombeo do Lameira xa que o seu volume é insuficiente e, en tempo de chuvia entra en carga producindo vertidos, ademais de que, durante a pleamar, entra auga do mar", afirma.
O Bloque quere que se garanta a depuración de todas as augas e se eviten os vertidos ao mar. Aseguran que o depósito que se prevé construír en pleno paseo da Avenida de Ourense, aliviará augas fecais ao mar cando non dea abasto, e ademais o vertido terá lugar no termo municipal de Marín co cal o Concello será o responsable, "e o que é máis grave, non se dá solución aos vertidos á ría senón que se cambia o foco de alivio, mais así a Xunta deixará de ter responsabilidades, xa que non se producirán na propia EDAR", afirma a concelleira nacionalista.
"Non se dá solución aos vertidos á ría senón que se cambia o foco de alivio"
"Demandamos que se replantee o proxecto na búsqueda dunha solución eficaz que asegure a depuración de todas as augas que circulen polo colector xerál de Marín e que finalmente deben verter na EDAR de Praceres", di Pilar Blanco.
O BNG demanda tamén que se subtitúa o actual colector que discorre por dentro do recinto portuario evitando así a afección ao paseo da Avenida de Ourense. Entenden que o proxecto afecta o pavimento de todo o paseo dende á altura da rúa Estrada ata ao final do mesmo. Ademáis advirten que o arborado se talará para ser substituído só en parte, desmontárase a pérgola de granito e madeira situada á altura do Parque Azul, os farois, os bancos, os xardíns, os elementos do parque biosaudable, á estatua das carrexadoras, á rede abastecemento e o rego.
"Todo isto farase coa complicidade do goberno local do PP, incapaz de facer valer os dereitos da cidadanía e de exercer a defensa dos espazos públicos na búsqueda dunha solución a través de negociacións coas outras adminstracións implicadas que evitase o grande impacto no paseo da Avenida de Ourense e que perfectamente factible", finaliza Pilar Blanco.