O luns haberá cortes de tráfico en Blanco Porto, Avenida de Marín e Gonzalo Gallas
Por Redacción
Segundo informa a Policía Local de Pontevedra, o próximo luns comezan distintas obras na cidade que implican cortes de tráfico
BLANCO PORTO:
Os días 17 e 18 de Novembro se corta totalmente a rúa para obras de fresado e asfaltado. Este corte afecta a rúa Cruz Gallastegui. Só se permitirá acceder a garaxes e carga e descarga dende a rúa Sagasta. A circulación se desvía por Benito Corbal e Sagasta.
AVENIDA DE MARIN:
O luns 17 comenza un novo tramo de obra entre as glorietas de San Roque e Manuel do Palacio, sentido saída da cidade. Se corta un carril dos dous existentes.
GONZALO GALLAS:
Comezan o 17 de novembro obras de humanización na rúa Gonzalo Gallas. Se corta o tramo entre San Antoniño e Alvarez Limeses e se invierte o tramo entre esta ultima y Loureiro Crespo para dar servizo á rúa. Prazo ata o 20 de decembro.