Solta de 3.000 alevíns de troita no río Almofrei para continuar coa súa recuperación
Por Redacción
A Consellería de Medio Ambiente soltou 3.000 alevíns de troita no río Almofrei procedentes da piscifactoría de Carballedo, en Cotobade.
Esta repoboación resulta fundamental de cara á recuperación dun tramo que, se ben ten moi bo hábitat para esta especie, a súa escaseza de afluentes, a elevada pendente e a presenza dun salto natural infranqueable, fai moi difícil a recuperación desta poboación.
Tódalas troitas soltadas este venres están marcadas para poder facer un seguimento do efecto desta solta sobre a previsible recuperación desta poboación de troitas.
No caso da piscifactoría de Carballedo o seu futuro, segundo a Xunta, pasa por consolidar o establecemento de liñas de cultivo de troita autóctona, continuar co estudo da viabilidade das repoboacións con reo e afianzar o seu papel como banco de xenes vivo.
Nesta solta de alevíns participaron os alcaldes de Cotobade, Jorge Cubela, de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, e de Campo Lameiro, Julio Sayáns.