No que vai de ano, preto de 1.000 pontevedreses foron condenados a traballos en beneficio da comunidade
Por Redacción
No que vai de ano son preto de 1.000 as persoas que cumpriron penas de servizos en beneficio da comunidade na provincia de Pontevedra, cifra que ascende ás 5.000 en toda Galicia.
Actualmente na provincia de Pontevedra 400 persoas cumpren este tipo de condena segundo puxo de manifesto este xoves o subdirector xeral adxunto de Penas e Medidas Alternativas do Ministerio de Interior, Miguel Ángel Vicente Cuenca, nunhas xornadas de traballo nas que participaron máis de 60 técnicos e responsables municipais e de entidades sen ánimo de lucro que colaboran na xestión deste tipo de condenas.
As xornadas foron inauguradas polo presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, que subliñou o valor deste sistema, que permite "que persoas con infraccións ou delitos leves non teñan que entrar en prisión e poidan compensalo con beneficios á comunidade".
Vicente Cuenca incidiron en que para facelo posible é preciso "la implicación de todos", porque se on se ofertan lugares e medios para que os condenados poidan cumprir coa súa pena dificultaríase enormemente o funcionamento deste sistema.
Así, Vicente Cuenca agradeceu a participación no programa dos concellos, da propia Deputación e de entidades sen ánimo de lucro que fan posible que a provincia de Pontevedra teña "suficientes plazas para que los penados puedan cumplir razonablemente las penas en un lugar próximo a su residencia y en actividades de utilidad e interés público".
Neste sentido, cifrou nunhas 160 as entidades que participan no programa.
PERFIL MOI AMPLO
En canto ao perfil dos penados, Vicente Cuenca subliñou que se trata "de un perfil muy amplio" no que hai tanto persoas que xa contan cun considerable historial delictivo a outras "perfectamente integradas en la sociedad, con una vida normalizada". Este amplo perfil obedece, precisamente, ao tipo de infraccións e delitos vinculados a estas condenas, que están relacionados coa seguridade viaria ou infraccións menores.
Estas xornadas de traballo permitiron aos responsables da xestión, control e supervisión dos penados en cada concello e entidade aclarar dúbidas e obter información relevante sobre como proceder ante posibles problemas, como falta de rendemento no traballo, ausencias ou dificultades para adaptar o perfil do penado ao labor que se lle encomenda.
Os organizadores destas xornadas incidiron na necesidade de ser buscar mecanismos para que esta colaboración entre Ministerio e concellos funcione da mellor maneira, co obxectivo de lograr "unha sociedade máis xusta e solidaria".