Suspéndese o corte de tráfico na rúa Alameda
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Segundo informan dende o Concello de Pontevedra "por cambios na climatoloxía", as obras previstas na rúa Alameda para o mércores día 12 de Novembro, "quedan suspendidas ata novo aviso"
A obra contempla o peche ao tráfico a rúa Alameda entre a rotonda Paseo Colón/Raiña Vitoria e rúa Echegarai. As obras terán unha duración dun día.
O plan de tráfico deseñado pola Policía Local contempla que as obras comecen a partir das 09:15 horas, unha vez efectuada a entrada nos colexios, co fin de causar os mínimos problemas aos usuarios.
Segundo informa a Policía Local, invertirase o sentido do tráfico na rúa Xeneral Martitegui para dar servizo á rúa Echegarai (previamente a citada rúa se sinalizará con 'prohibido estacionar' co fin de que se inverta o sentido de estacionamento).
Recomendase a saída da cidade cara a Poio a través da Ponte das Correntes Domingo Fontán.
A entrada, para residentes e servizos da rúa Echegarai, farase a través de Jofre de Tenorio - Xeneral Martitegui Alameda e rúa Echegarai