Orde de busca e captura contra un home acusado de violar unha muller xorda
Por Oskar Viéitez
A Sección Segunda da Audiencia provincial de Pontevedra ditou orde de busca e captura contra un home acusado de agredir sexualmente unha muller xorda.
Este home tiña que terse presentado este martes na sede xudicial de Pontevedra para ser xulgado por estas acusacións. Pero ante a súa non comparecencia, a sala ordenou a súa detención.
Os feitos que o levan ao banco dos acusados teríanse producido nun parque da localidade do Porriño.
Segundo o escrito de acusación da Fiscalía o home tería aproveitado que a muller se encontraba soa e indefensa para abordala e abusar sexualmente dela. O acusado enfrontase a unha petición de pena de 12 anos de prisión.
O caso procede do xulgado de instrución número 1 do Porriño.
O xuízo volveuse sinalar para o próximo día 2 de decembro ás 10:15 horas.