Asegura que o denunciaron por violación por darlle á rapaza un billete falso
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Isaac R., un veciño do Porriño, acusado de agredir sexualmente unha muller xorda, cre que o denunciaron por violación por darlle a rapaza un billete falso. Así o dixo este martes durante o xuízo ante os maxistrados da Sección Segunda da Audiencia Provincial.
O fiscal solicita para el doce anos de prisión, ao entender que a vítima sufriu unha penetración vaxinal con violencia, agravada polo abuso dunha situación de superioridade dada a "especial vulnerabilidad" da rapaza, que sofre unha xordeira de nacemento. Pola súa banda o avogado defensor asegura que "el relato de los hechos es incompatible con la lógica", insistiu en que a relación foi consentida por ambos os dous e a enmarcou nunha práctica de "dogging o cancaneo" é dicir un encontro sexual fortuíto nun lugar público, polo que pediu a absolución do seu cliente.
Para demostrar a súa teoría o letrado presentou diversas imaxes subidas de ton extraidas de varios perfís públicos da vítima en Facebook e Badoo (unha páxina de contactos), que segundo dixo "desmienten la especial vulnerabilidad de la víctima".
Ela desistiu "al ver el tamaño de mi cosa", dixo o acusado
O acusado compareceu na sala esposado despois de que a sala ditase unha orde de detención contra el por non comparecer días atrás no xuízo. Esta mañá afirmou que coñecía esta moza colombiana "desde hacía dos años" e que xa se "enrollaron" en anteriores ocasións.
Segundo a súa versión, aquel día encontráronse no Parque Mostovoi, e ela conduciulle ata un local abandonado coa intención de manter relacións sexuais aínda que ela desistiu "al ver el tamaño de mi cosa", polo que "nos masturbamos", afirmou. E como novidade na súa declaración engadiu que lle deu á rapaza unha fotocopia dun billete de 50 euros "a lo mejor de ahí viene el problema", comentou.
O acusado di que a moza mesmo se sacou fotos durante a relación e que logo el se foi ao bar e ela marchou para casa "y regresó con la madre que estaba toda loca amenazándome".
A rapaza compareceu ante o tribunal a porta pechada, acompañada dun intérprete da mensaxe de signos. O fiscal dixo que o seu testemuño foi "totalmente coherente y coincidente" co relato dos feitos denunciados dende o primeiro momento e co "discreto hematoma" que apreciaron os peritos no exame forense.
O xuízo quedou visto para sentenza.