Unha casa de Meiro sofre o seu segundo incendio en cinco anos
Por Oskar Viéitez
Unha casa de dúas plantas situada no lugar de Meiro, en Bueu, sufriu o seu segundo incendio en cinco anos.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias 112, o aviso polo incendio recibiuse ás 21:00 horas deste mércores.
As chamas iniciáronse na primeira planta da vivenda.
A Garda Civil confirmou que os donos da vivenda non se encontraban na casa.
Os bombeiros do Parque Comarcal do Morrazo informaron que é a segunda vez que teñen que acudir a esta dirección. A anterior ocasión foi hai uns cinco anos.
Polo momento non transcendeu a causa do lume.