A Fiscalía pide que se investigue a un dos avogados nun xuízo por narcotráfico por obstrucción á Xustiza
Por Oskar Viéitez
Os maxistrados da Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra decidiron este martes, por segunda ocasión, suspender de novo unha vista por narcotráfico que se segue contra dous veciños de Vigo e un colombiano afincado en Madrid por intentar introducir un alixo de cocaína oculto en latas de piña polo Porto de Lisboa.
Este martes ao arrincar o xuízo un dos acusados Severo Garrido Méndez dirixiuse ao tribunal para informar que o seu avogado "no se había podido presentar por un problema médico" e comunicou que renuncia á súa defensa e nomeará a un novo letrado.
A Fiscalía pide que se investigue a este avogado por obstrucción á Xustiza, ao entender que se trata dunha manobra dilatoria.
O avogado presentou a pasada semana uns informes médicos solicitando a suspensión. Con todo, o fiscal Varela sinalou que neles "no se refleja que padezca ninguna patología que haga necesaria la suspensión" polo que o secretario xudicial dictou un decreto no que se rexeitaba esta posibilidade.
O fiscal, Pablo Varela, criticou hoxe a presentación "de manera intempestiva y sin aviso a la sala" deste parte de baixa "con fecha posterior a la denegación de la suspensión de este juicio de causa con preso".
"No nos creemos que esté enfermo", afirmou o fiscal.
A causa que se ía a xulgar é "complexa" como coincidiron en sinalar todas as partes. A Fiscalía de Pontevedra once anos de cárcere para cada un dos acusados como autores dun delito contra a saúde pública por sustancias que causan grave dano á saúde, en cantidade de notoria importancia e cometido "simulando operaciones de comercio internacional entre empresas".
Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, a trama estaba formada por dous veciños de Vigo, Severo Garrido Méndez e Alberto Cabezas Louro, e un presunto contacto colombiano, Antonio Cruz Vásquez Salazar.
Todos eles dedicábanse, segundo a Fiscalía, á importación de cocaína desde Sudamérica a España utilizando para iso dúas sociedades mercantís das que era titular, Vigo Fish e Garrido Import Export.
XUSTIZA UNIVERSAL
A de hoxe non foi a primeira ocasión na que se suspende este xuízo. Anteriormente foi suspendido ao alegar a defensa dun dos acusados que o tribunal provincial non era competente para xulgar o caso ao entender que incumplía os requisitos establecidos na lei 1/2014 que reforma a Xustiza Universal.
Finalmente a Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra desestimou o recurso.
Relacionadas:
-
O narco que apelou á xustiza universal para non ser xulgado en España recoñécese culpable
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Sinalan por terceira vez o xuízo contra tres narcos acusados de introducir cocaína polo Porto de Marín
Por Redacción |
-
O narco que apelou á xustiza universal sentarase no banco da Audiencia o próximo martes
Por Redacción |
-
A Audiencia de Pontevedra nega a xustiza universal a un narco que pretendía librarse de ser xulgado en España
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra afronta o primeiro caso dun narco que apela á xustiza universal para non ser xulgado en España
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Piden 33 anos de prisión para os tres acusados de introducir 56 quilos de cocaína en latas de piña
Por Redacción |