Veciños de Bamio reclaman que se rematen as beirarrúas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Os veciños da parroquia de Bamio en Vilagarcía de Arousa reclaman que rematen as obras de construción de beirarrúas que se iniciaron en 2009 e quedaron inconclusas.
Segundo sinala Virginia Touriño, en representación dos veciños, o estado en que, hai anos, se encontraba o lateral da estrada que pasa por Bamio supoñía un perigo para os veciños que tiñan que camiñar pola beiravía e chegaron a producirse varios accidentes de diversa consideración. Os habitantes desa zona indican que en 2009, o anterior grupo de goberno iniciou as obras das beirarrúas que se demandaban pero que os traballos non chegaron a completarse na rúa Pedroso e varias vivendas quedaron sen servizo.
Os veciños indican que existe unha gabia entre a estrada e as casas que supón un grave perigo para os peóns e recordan o alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, que aínda non cumpriu a promesa que lles fixo de finalizar a obra de construción das beirarrúas. Sinalan que dende o goberno local se lles responde con evasivas incrementando o malestar dos veciños.