Preocupación nos ximnasios de Pontevedra pola competencia desleal
Por Oskar Viéitez
Os directores de ximnasios privados amosaron a súa preocupación pola competencia desleal que sofren na actualidade.
"Nós cumprimos as normas, pagamos os impostos e contratamos ao persoal cualificado para desenvolver as nosas actividades, non podemos competir coa economía mergullada", aseguraron nunha xuntanza co grupo municipal do Partido Popular.
Este sector move nestes momentos arredor de 150 empregos na cidade.
Outro problema no sector é a privatización das instalacións deportivas de A Parda. "O que nun primeiro momento ía ser un centro para fomentar o ocio, agora vemos que vaise entregar a unha empresa privada", sinalou un dos empresarios, quen engadiu que "A Parda supoñerá unha guillotina para as empresas de servizos deportivos de Pontevedra".
O encontro cos populares está enmarcado dentro da rolda de contactos cos colectivos e asociacións veciñais de Pontevedra.
Á xuntanza, que tivo lugar na sede local do PP, acudiron varios empresarios deste sector afincados na nosa cidade e foi presidido por Jacobo Moreira acompañado polo concelleiro, César Abal e o coordinador de Deportes, Tomás Abeigón.