2.400 coidadores familiares de persoas dependentes perderon as súas cotizacións á Seguridade Social en Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O número de altas de coidadores non profesionais de persoas dependentes na Seguridade Social na provincia de Pontevedra descendeu en 2.400 persoas o que representa o 85% das persoas que estaban de alta en 2011, segundo unha resposta parlamentaria do Executivo ao grupo socialista.
Os deputados Guillermo Meijón e Carmela Silva denuncian que o Goberno de Rajoy levou a cabo un "desmantelamento da Lei de Dependencia" e é necesario "salvar a Lei e garantir os dereitos dos dependentes".
Meijón asegura que "é necesario garantir de forma efectiva o dereito das persoas en situación de dependencia", e analizar que medidas son necesarias para manter e garantir a sostibilidade do sistema.
Un sistema que, subliñou, "xera emprego, ten un importante retorno na creación de postos de traballo, sobre todo para as mulleres".