Agárdanse borrascas durante os próximos días nas Rías Baixas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As chuvias intensificarase durante a tarde deste luns 13 pola zona das Rías Baixas con temperaturas que non sufrirán cambios. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos, con intervalos de moderado que poderán ser fortes no litoral atlántico.
Segundo MeteoGalicia, esta situación continuará durante a xornada do martes 14 con chuvias suaves durante a mañá que se incrementarán a partir da chuvia converténdose en precipitacións de forte intensidade, con temperaturas que oscilarán entre os 14 e os 19 graos centígrados. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos durante a mañá ata aumentar durante a noite chegando a ser fortes no litoral.
Galicia manterase baixo a influencia dos ventos do sueste durante o mércores coa presenza de moita humidade. Ao longo da xornada haberá alternancia de nubes e claros con chuvascos ocasionais. As temperaturas ascenderán, principalmente as mínimas.
A borrasca continuará presente o xoves provocando inestabilidade. As chuvias serán xeneralizadas, máis intensas durante a tarde. As temperatruas serán suaves e os ventos soprarán de compoñente sur, con refachos fortes no litoral.
As frontes chuviosas continuarán ao longo da fin de semana, segundo MeteoGalicia, con importantes precipitacións, polo menos, ata o luns 20 de outubro.