Un novo corazón para os municipios da ría
Por Oskar Viéitez
A posta en marcha do novo sistema de bombeo, prevista para a próxima semana, permitirá levar a auga a unha cota superior.
A vella estación de Monte Porreiro ampliou a súa capacidade. Foi dotada dun novo corazón para poder seguir abastecendo con eficacia durante os próximos 30 anos a toda a cidade e aos demais municipios da ría.
Para iso foi necesario construír un edificio novo e instalar novos equipos así como unha nova canle de toma. O caudal dos bombeos ampliados é de 600-2.120 metros cúbicos á hora. Para iso dotouse ao edificio de bombas centrífugas horizontais e verticais e unha "vertical multietapa".
Esta actuación forma parte do proxecto de mellora do abastecemento de auga a Pontevedra e a súa Ría, no que se está a investir un total de 39,9 millóns de euros.
Cando finalicen as obras terase mellorado a cantidade e calidade da auga que chega á poboación das localidades beneficiadas, conseguirase un importante aforro enerxético e evitarase o risco de desabastecemento polas puntas de demanda orixinadas ante o incremento de poboación dos núcleos turísticos.
Relacionadas:
-
Licitan as obras en Marín para a mellora do abastecemento de auga a Pontevedra e a súa Ría
Por Redacción |
-
O mércores cortarase a auga en Pontevedra, Marín, Sanxenxo, Poio e Bueu
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra recorrerá á auga do Pontillón durante un tempo debido ás obras de Acuaes
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, Sanxenxo e Poio xa reciben auga da nova rede de Acuaes
Por Redacción |
-
Un acto protocolario moi pouco habitual para rubricar o novo abastecemento de auga
Por Oskar Viéitez |