Un acto protocolario moi pouco habitual para rubricar o novo abastecemento de auga
Por Oskar Viéitez
Foi un acto protocolario moi pouco habitual.
Sitúense. O lugar elixido, a Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
O motivo da cita era a firma do "Novo abastecemento de auga a Pontevedra e a súa ría".
Asisten: Samuel Juárez, Delegado do Goberno. Isabel Pérez-Espinosa, Directora xeral de AcuaNorte, Antonio Coello, Subdelegado do Goberno. Francisco Marín Muñoz, Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Agustín Hernández, Conselleiro. Cores Tourís, Delegado da Xunta. Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra. María Ramallo, alcaldesa de Marín. Luciano Sobral, de Poio. Catalina González, de Sanxenxo e José Luís Poceiro, regidor de Vilaboa.
A primeira anomalía foi que o alcalde capitalino chegou tarde. Vinte minutos.
Chegou apurado, pero de tan bo humor que enseguida contaxiou a todos os presentes. Rompendo a seriedade do momento dedicouse a dar bicos e estreitar mans a uns e a outros.
O propio Delegado do Goberno, un tipo pouco dado á broma, asegurou que a xornada de hoxe era para celebrar, primeiro, que políticos e institucións de distinto colores colaboren traballando xuntos, e despois, "que sobrevivimos á profecía dos mayas". Sorprendente.
Aberta a veda, Isabel Pérez-Espiñenta, falou dos Reis Magos e asegurou que o convenio era "un agasallo de Nadal" e animou a dous alcaldes a que dixesen unhas palabras. A titular de Marín, María Ramallo, agradeceu, felicitou e despediuse con presa dos presentes pois chegaba tarde a unha comida navideña.
E logo falou Lores, contento como unhas castañuelas, dixo catro cosas e apurouse a asinar o convenio. Fíxoo sen fixarse e estampou a súa rúbrica baixo o nome de Catalina González, alcaldesa de Sanxenxo
- ¿Y ahora donde firmo yo Miguel?
- Firma no meu sitio e ponlle unha frecha.
O conselleiro Agustín Hernández, testemuña muda do acto, escachaba coa risa. El, igual que o resto, coincidiron en sinalar que desde logo o menos habitual é que haxa cartos para asinar un convenio como este cunha partida de 13.6 millóns de euros para o ano 2013 e outros 26,8 millóns no bienio 2014-2015.
Relacionadas:
-
Un novo corazón para os municipios da ría
Por Oskar Viéitez |
-
Encarécese dous millóns de euros o proxecto de Acuanorte para Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Os concellos da ría pagarán menos polo novo abastecemento
Por Oskar Viéitez |
-
Acuanorte iniciará no 2013 as obras do novo abastecemento de auga
Por Alejandro Espiño |