Invaden Xeve de pintadas insultantes tras unha pelea multitudinaria por un partido de fútbol
Por Natalia Puga
Muros e estradas da parroquia de Xeve apareceron invadidas de pintadas insultantes alusivas os de Xeve" en xeral, pero que, dados os acontecementos dos últimos días, ninguén dubida en vincular coa pelexa multitudinaria rexistrada na tarde do domingo no campo de fútbol de Monte Porreiro.
A maioría das pintadas apareceron na mañá deste luns na estrada que vai da parroquia de Lérez ao Concello de Moraña ao seu paso por Xeve e rezan insultos como "inútiles", Xeve, hijos de puta" ou "Xeve, merdas".
Ao ter constancia da existencia destas mensaxes, dende o club de fútbol de Xeve non teñen ningunha dúbida de que teñen que ver co enfrontamento que viviron cos fugadores e afeccionados do equipo de Monte Porreiro sobre as 19.00 horas do domingo no campo de fútbol deste barrio.
"No culpamos a nadie, pero casi seguro que vaya por ahí la cosa. Después de lo de ayer...", sinalaban a última hora deste luns directivos do Xeve.
Estas mesmas persoas indicaron que a batalla campal que se xerou en Monte Porreiro, e que avanzou PontevedraViva, foi, en realidade, de maiores dimensións do que se quixo recoñecer nun primeiro momento. Apuntan a que non implicou unha vintena de persoas, senón "unas 70", pois estaban "los 22 jugadores, unos 25 aficionados de Xeve y otros tantos de Monte Porreiro".
Indican, ao respecto, que o partido xa foi tenso dende o minuto 15, cando o Xeve marcou o primeiro gol e empezaron os insultos "por parte de los jugadores y la grada" do equipo contrario. Foi subindo o ton ata que ao termo do encontro se xerou un tumulto no terreo de xogo no que ninguén resultou lesionado, pero varios xogadores e afeccionados caeron ao céspede.
Estes enfrontamentos nun partido do Grupo 15 de Terceira Autonómica xa veñen mesmo de partidos anteriores e da tempada pasada, cando algúns xogadores do Xeve estaban noutros equipos da categoría. No caso deste domingo, os directivos do Xeve atribúenos a que o equipo contrario "no quería aceptar que empataron con el último de la clasificación" O partido rematou 3-3.