As Rías Baixas concluirán o ano con dous millóns de visitantes
Por Redacción
As Rías Baixas alcanzarán este ano 2014 a cifra de dous millóns de visitantes e o dobre de pernoctacións, segundo informou o vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa.
O dato é valorado de xeito positivo "tal e como están as cousas", dixo Figueroa xa que sitúan ás Rías Baixas como o quinto destino para os viaxeiros españois.
Máis de 27.000 empresas forman parte do sector turístico na provincia o que representa preto do 12 por cento do Produto Interior Bruto (PIB) xerando de xeito directo e indirecto a máis de 40.000 postos de traballo.