A Bolcotur repite en Vigo co nome de 'Travel Book Experience'
Por Oskar Viéitez
A próxima edición da Bolsa de Contratación Turística de Galicia (BOLCOTUR) celebrarase de novo en Vigo co nome de 'Travel Book Experience'.
O ano 2012 foi a última ocasión na que a Deputación celebrou en Pontevedra un evento que naceu na cidade do Lérez da man da Cámara de Comercio no marco do desaparecido Salón do Turismo, Ferpalia. Tras o seu rescate, a institución provincial levou a cita para a Estación Marítima de Vigo.
A maior bolsa profesional de contratación turística desenvolvida ata agora na provincia reunirá a preto de 200 empresas turísticas de China, Xapón, Rusia, Estados Unidos, México, Francia, Dinamarca, Portugal e España, no maior encontro de negocios para a promoción do destino Rías Baixas.
O vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, afirmou que con esta decisión "consolidamos un destino de calidade en todo o mundo e o noso reto agora é aumentar o número de visitantes internacionais".
O turismo cultural e o deportivo son os que experimentaron un maior crecemento nas Rías Baixas durante o último ano.
Relacionadas:
-
As Rías Baixas concluirán o ano con dous millóns de visitantes
Por Redacción |
-
Louzán apunta a que Bolcotur 2014 tamén vai celebrarse en Vigo
Por Redacción |
-
Louzán: "Probablemente Bolcotur irá rotando pola provincia de Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra perde Bolcotur: tras vinte anos na cidade, a Deputación lévaa para Vigo
Por Alejandro Espiño |