O outono chega con festa ás Escolas infantís de Sanxenxo
Por Redacción
As Escolas Infantís municipais do Tombo en Padriñán e O Revel de Vilalonga celebraron este venres 10 a Festa do Outono con diversas actividades lúdicas e educativas coa intención de que os nenos entendan as principais características desta estación. Desta forma, recolleron as follas caídas das árbores, decoraron as aulas e, ao mesmo tempo, recibiron unha explicación sobre os efectos que produce na natureza o termo do verán e a chegada desta época do ano.
REUNIÿN PARA TRATAR O ESTADO DO PAVILLÿN DO CEIP A FLORIDA
Ademais, dende o Concello de Sanxenxo infórmase de que a concelleira de Cultura e Educación, Paz Lago, se reuniu cun grupo de nais de alumnos do CEIP A Florida para abordar a situación do pavillón deportivo do centro. A concelleira sinalou que o tema está a ser tratado dende o Goberno local con outras administracións para intentar resolver os graves problemas de humidade que sofre o pavillón coa aparición de mofo nas paredes e de charcos no chan da infraestrutura coa chegada das primeiras chuvias deste outono.