A vendima máis divertida, na escola infantil do Tombo
Por Redacción
Os máis pequenos involúcranse na vendima, xeneralizada na comarca nestas datas. Polo menos os alumnos da escola infantil O Tombo de Sanxenxo, participantes na Festa da Vendima.
Os nenos puideron comprobar como se realiza o proceso de elaboración do viño desde a recollida da uva ata o proceso de embotellado, a través de diversas actividades prácticas e lúdicas.
Trala recollida dos racimos, que se depositaron nun capacho, os escolares dividíronse por parellas para proceder á obtención do mollo da uva de forma tradicional cos seus propios pés e mediante unha máquina manual.
A xornada no Tombo concluíu cunha cata das uvas e un festival de música.