Os marinenses aprenden a facer composteiros
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Marín invita os cidadáns a un obradoiro de construción dun composteiro.
A data de celebración será o venres 17 de outubro de 17:00 a 20:00 horas na Casa de Cultura de Mogor. As inscripcións para poder participar nesta actividade gratuíta serán, a través do teléfono 986 88 10 00 ou ben no correo electrónico alcaldia@concellodemarin.es
Neste obradoiro formarase os participantes na reciclaxe dos seus residuos orgánicos do fogar a través da compostaxe. Tras a formación realizarase a construción dun composteiro artesanal mediante un kit individual para cada inscrición.
A organización subministrará os materiais e ferramentas necesarias para a montaxe, non obstante, recoméndase que os participantes traian algunha ferramenta como martelo, parafuso ou taladro para axilizar a montaxe.
Finalmente cada inscrición recibirá un manual de resumo do proceso de compostaxe e un composteiro elaborado polo participante.