Atrasan ata o luns o corte de tráfico da avenida de Marín para proceder á súa reparación
Por Redacción
A reparación das deficiencias detectadas na avenida de Marín atrásanse por mor das chuvias dos últimos días. Aínda que xa comezaron os traballos previos, non será este xoves cando se teña que pechar o carril de saída da cidade. Finalmente, producirase o próximo luns 13 de outubro. A partir dese día, os dous carrís de entrada terán dobre sentido durante o tempo que duren as obras.
As obras de reparación teñen un orzamento de 126.000 euros, procedentes da fianza incautada á empresa Hidroscivil, que non chegou a facer a reparación ao entrar en proceso concursal.
Está previsto facer reparacións, principalmente, nos pasos de peóns, no pavimento, na mediana e tamén no carril-bici e o paseo peonil.
As obras teñen un prazo de execución de tres meses aínda que o avance dos traballos dependerán do tempo. O que si ten claro o goberno é que a prioridade é que a obra se faga ben, se remate de forma adecuada e non se precipite a apertura por motivos de presión do tráfico.
Este atraso nas previsións iniciais non mudan o plan especial de tráfico elaborado pola Policía Local. Simplemente, a súa implantación non terá lugar ata o luns.