Destrúen a Fonte do Noco en Lourizán
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un veciño do lugar das Nogueiras, na parroquia de Lourizán, informou á Xunta Reitora da Comunidade de Montes de que a Fonte do Noco, de titularidade municipal, fora destruída.
Ao acercarse ao lugar, membros da comunidade de montes comprobaron como, efectivamente, destruíran totalmente a dita fonte, sen que quedara nada dela. Ademais, os responsables captaron a auga da fonte coa instalación duns tubos.
A comunidade de montes fixo a correspondente denuncia por escrito ante o Concello de Pontevedra para que se averigüe quen foron os responsables e que lles obrigue repoñer a fonte ó seu estado orixinal.
Dende a comunidade de montes espérase que o Concelo actúe con rapidez e contundencia, para que recaia todo o peso da lei sobre os reponsables, por considerar que non se pode consentir un atentado de tal magnitude contra o patrimonio da parroquia.
Relacionadas:
-
Atopan baixo a maleza á "desaparecida" Fonte do Noco en Lourizán
Por Redacción | Creada e actualizada