A Oktoberfest repite en Campelo por segundo ano
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Oktoberfest, ou Festa de outubro, en alemán, é unha celebración levada a cabo na cidade de Múnic dende 1810. En Campelo celébrase dende 2013.
O espírito é o mesmo gozar de cervexa e salchichas rodeados de amigos mentres soa a música. Vale que os homes de Campelo non irán vestidos co leader hose nin as mulleres cos seus drindl, nin falta que fai.
Esta segunda edición arrancará o venres 10 de outubro ás 20:00 horas e ata mais ou menos as 3:30 da madrugada.
Están previstas as actuacións do duo RkeR ás 21:30 e Champurrada ás 24:00, e un DJ amenizando o fin da festa.
O sábado 11 a carpa abrirá a mediodía, e permanecerá aberta ininterrompidamente ata a madrugada. Ás 13:00 horas actuará a escola de acordeóns de Campelo e ás 21:30 horas subirá ao escenario Tony Lomba. De novo será un DJ quen poña o fin de festa.
Os organizadores dispuxeron un autobús con paradas en praza de España de Pontevedra, e dende o Casal de Ferrreiros en Poio, Combarro, Seara e Campelo. O autobús fará o percorrido ininterrompido toda a noite ata o fin da festa os dous días.
En canto a bebida haberá tres tipos de cervexas alemás, loura, tostada e de trigo. Para comer salchichas alemás: a campesiña e outra un pouco picante, e tamén haberá unha salchicha de medio metro. Este ano como novidade prepararanse hamburguesas típicas alemás co mellor pan de aquí. A festa organízaa a asociación deportiva cultural Campelo coa axuda do Concello de Poio.