A Mancomunidade de Montes en Man Común de Pontevedra asina a "Declaración de Valdeavellano de Tera"
Por Oskar Viéitez
A Mancomunidade de Montes en Man Común de Pontevedra subscribiu a "Declaración de Valdeavellano de Tera" pola defensa e o recoñecemento dos usos comunais en España.
O Xardín Botánico de Madrid acolleu este acto impulsado pola ONG Iniciativas Comunais, un grupo de traballo formado por confrarías de pesca e marisqueo, montes de socios, en man común e comunais, sociedades de caza, xuntas de pastos, pastores e gandeiros de extensivo, etc.
A filosofía que os une é a defensa e recoñecemento de "Áreas Conservadas por Comunidades Locais" (ICCA) establecendo un decálogo de principios básicos que deben sentar as bases para o traballo e recoñecemento deste Patrimonio Económico, Social e Ambiental.
Por outra parte, quérese abrir un debate e que este documento contribúa a que a sociedade comece a recoñecer o valor destes usos e o seu patrimonio asociado, así como a redescubrir o potencial destes usos e formas de goberno para o futuro da nosa sociedade.