O 'cachibol' dáse a coñecer en Pontevedra
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
ÿ unha actividade que leva desenvolvéndose na cidade dende 2007, pero este ano será o primeiro no que se inclúa no catálogo de actividades do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra.
ÿ o 'cachibol', unha adaptación do voleibol "pensada e deseñada para ás persoas que xa temos unha certa idade", explicou o concelleiro Agustín Fernández.
A actividade busca dar "vitalidade, equilibrio, coordinación e mellorar ás relación sociais" de persoas de avanzada idade, segundo recoñeceu un dos monitores, Antonio Piñeiro.
Desenvolverase dous días á semana, luns e mércores de 11 a 12 no Pavillón Multiúsos da Xunqueira.
As incripciones, cunha cota de 10 euros ao mes, deben formalizarse no Centro Sociocultural de Pontevedra, o antigo Fogar do Pensionista.